Wikipedia

Resultados de la búsqueda

jueves, 16 de mayo de 2013

MIÑA GALIZA MEU LAR

Hoxe quero compartir con vos unha poesía dedicada a Galiza que compuxen fai anos pro día das letras galegas.

                                                          MIÑA GALIZA MEU LAR  
O día que eu nacín
neste fermoso lugar
abrín os ollos e vín
onde me tocou morar.

Que ledicia foi a miña 
o ver que ia habitar 
no medio diste paisaxe
que e digno de admirar.

Pouco a pouco fun medrando
rodeada de beleza 
correndo por grandes prados
cheos de pura natureza.

E en algunha ocasión
na que puden viaxar
cando lonxe de tí estaba
moito te botei a faltar.
                                                                                              
A tí chegan cada ano 
milleiros de peregrinos
visitar o Apostol Santiago
e disfrutar dos teus camiños

Miña Galiza meu lar
onda tí quero estar
mentras Deus me dea vida
e eu a poda disfrutar.