Hoxe quero compartir con vos unha poesía dedicada a Galiza que compuxen fai anos pro día das letras galegas.
MIÑA GALIZA MEU LAR
MIÑA GALIZA MEU LAR
O día que eu nacín
neste fermoso lugar
onde me tocou morar.
Que ledicia foi a miña
o ver que ia habitar
no medio diste paisaxe
que e digno de admirar.
Pouco a pouco fun medrando
rodeada de beleza
correndo por grandes prados
cheos de pura natureza.
E en algunha ocasión
na que puden viaxar
cando lonxe de tí estaba
moito te botei a faltar.
A tí chegan cada ano
milleiros de peregrinos
visitar o Apostol Santiago
e disfrutar dos teus camiños
Miña Galiza meu lar
onda tí quero estar
mentras Deus me dea vida
e eu a poda disfrutar.
3 comentarios:
Eu penso que coma mín hay moitos galegos que están orgullos da terra na que naceron, e felices de vivir aquí. Por iso temos que cuidala pra que os nosos fillos e mais tarde os nosos netos tamen poidan seguir sentindose orgullosos.Entre todos podemos.
CUIDEMOS DA NOSA GALIZA.
una posia chea se sensibilidade digna, anímate a seguir escribindo e publicandoas, asi mesmo anímote a que sigas pintando e ensinando os teus cadros.
A poesía é outra das cousas que me gustan, pero como ti xa sabes aquí temos pouco tempo libre e ante eso decidome por o óleo.Saudos.
Publicar un comentario